A Xunta pecha unha vivenda comunitaria de maiores en Amoeiro por graves irregularidades
Os seis residentes foron trasladados a centros públicos de Monforte e Barbadás
Ao parecer, as irregularidades detectadas refírense tanto á xestión como á atención dos usuarios

Unha inspección sacou á luz supostas irregularidades graves nunha residencia comunitaria de maiores de Amoeiro. Ante esta situación, a Consellería de Política Social decidiu trasladar na tarde deste mércores os seus seis residentes a dúas residencias públicas, cinco a unha de Monforte de Lemos e a outra a un centro de Barbadás.
Ante esta situación, a Xunta de Galicia decretou xa o peche do centro, a Vivenda Comunitaria Jardín, situada no núcleo de Cerval. Ao parecer, as irregularidades detectadas refírense tanto á xestión como á atención dos usuarios.
A Xunta xa avisou os familiares de todos os afectados, que foron trasladados por persoal da Cruz Vermella. A residencia clausurada funciona desde hai máis dunha década, pero hai tres anos cambiou de xerencia.