Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home acepta seis meses de cárcere e 300 euros de multa por tocarlle as nádegas a unha empregada do fogar

Un home acepta seis meses de cárcere e 300 euros de multa por tocarlle as nádegas a unha empregada do fogar

Non poderá achegarse a menos de 200 metros da muller durante dous anos

O acusado non terá que ingresar en prisión sempre que non volva delinquir nos dous próximos anos

G24.gal 01/10/2025 17:28

Un home de máis de 70 anos aceptou seis meses de cárcere e o pago de 300 euros de indemnización por tocarlle as nádegas a unha empregada do fogar en Vigo.

A condena foi ratificada este mércores no Xulgado do Penal número 3 da cidade tras unha vista de conformidade.

O acusado xa consignara os 300 euros solicitados pola Fiscalía en concepto de responsabilidade civil, que serán entregados á vítima.

Ademais, impúxoselle unha inhabilitación especial de dous anos para exercer calquera actividade que implique contacto con menores e a prohibición de achegarse a menos de 200 metros da muller polo mesmo período.

Inicialmente pedíanlle dous anos de prisión

O septuaxenario non terá que ingresar en prisión sempre que non volva delinquir nos dous próximos anos, segundo o acordado na vista. O Ministerio Fiscal pedía inicialmente ata dous anos de cárcere, pero a pena reduciuse a seis meses tras o pacto alcanzado.

Segundo o escrito de acusación, os feitos sucederon en setembro do ano pasado, cando a vítima, traballadora dunha subcontrata municipal, estaba no domicilio do home para coidar a súa esposa.

Nese momento, o acusado tocoulle as nádegas, o que provocou a reacción da muller, que comezou a berrar: "Vostede que fai? Pasou das palabras a meterme man". O varón restoulle importancia ao feito, asegurando que "non foi para tanto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade