Publicador de contidos

Publicador de contidos

Repítese a praga de moscas en varias parroquias de Tomiño

Repítese a praga de moscas en varias parroquias de Tomiño

Os veciños din que a situación é insostible

Concentraranse esta fin de semana en Carregal para esixir solucións urxentes

Un estudo di que a orixe desta praga estaría nunha mala xestión dos fertilizantes

G24.gal 01/10/2025 14:59

Os veciños de varias parroquias de Tomiño levan anos sufrindo unha praga de moscas. Teñen que ter pechadas as ventás e as portas das súas vivendas e dos comercios. Utilizan insecticidas e tiras adhesivas, pero nada funciona, non poden comer nin durmir sen atopalas.

Din que a situación é xa insostible, un auténtico pesadelo, conviven con elas case a diario, en todos os cuartos das súas casas, día e noite.Os veciños mercan insectididas, tiras adhesivas... todo é pouco para facerlles fronte. 

Son moitos os que pensan en vender as casas e marchar de Tomiño. De feito, din que é unha zona que está perdendo valor no mercado inmobiliario.

Entre as causas desta praga que se repite, a humidade da zona e unha mala xestión dos fertilizantes. 

O domingo, os veciños concentraranse no campo da festa de Carregal para esixir solucións urxentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade