Final feliz para Sugar, a gata de Moaña que pasou seis días atrapada nunha cheminea
O animal caera uns doce metros nun lugar de difícil acceso
Os bombeiros do Morrazo fixeron un burato na tubaxe para sacala
Rematou a aventura da gatiña Sugar despois de seis días atrapada no conduto de saída de gases dun garaxe de Moaña. A súa dona, Roxana, non vía o momento de abrazala.
A gata caera uns doce metros por esta cheminea, e aínda que podían escoitala e alimentala non a daban sacado.
O rescate producíase contra o mediodía, despois de varias xornadas de angustia en que chamaron a todas as portas.
Finalmente os bombeiros do Morrazo mobilizáronse ao lugar e fixeron un burato na tubaxe que salvou a vida desta michiña curiosa.
Sugar sae deste rescate cunha vida menos, pero grazas á solidariedade de todos, aínda lle quedan outras seis para facer feliz a Roxana.