Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os empregados dunha entidade bancaria de Ourense frustran un roubo reducindo o ladrón

Os empregados dunha entidade bancaria de Ourense frustran un roubo reducindo o ladrón

O atracador achegouse cunha pistola, que, posteriormente, se confirmou que era simulada

Os empregados non chegaron a darlle os cartos e conseguiron reducilo ata que chegou a Policía Nacional

Imaxe da sucursal bancaria asaltada na avenida de Zamora
G24.gal 01/10/2025 15:56

A Policía Nacional de Ourense detivo un home que pretendía atracar unha sucursal bancaria. Os propios empregados desta entidade frustraron o roubo.

Ataviado cun chaleco reflector, que levaba por riba dun mono azul, achegouse ao mostrador, portando unha arma de fogo, e pediu o diñeiro da caixa.

Neste intento de atraco, axudouse dunha pistola, que, posteriormente, se confirmou que era simulada. Os empregados en ningún momento chegaron a darlle os cartos porque conseguiron reducilo ata que chegaron as patrullas da Policía Nacional.

Ata o lugar achegouse tamén unha ambulancia, xa que o suposto atracador no forcexo quedou ferido, para ser atendido no mesmo lugar dos feitos. Ningún dos empregados precisou asistencia sanitaria, a pesar do susto e dos momentos de tensión que viviron.

Moitos veciños e veciñas da zona estaban sorprendidos. Esta avenida de Zamora de Ourense é unha zona con moito movemento de xente, e aseguran que é moi tranquila. 

O home saíu desta sucursal bancaria xa como detido por un intento de roubo. Está en dependencias da Policía Nacional á espera de pasar a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade