Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia conta coa primeira dobre titulación internacional en inglés da FP en España

Galicia conta coa primeira dobre titulación internacional en inglés da FP en España

Trátase dunha iniciativa pioneira que impulsan a Xunta e o British Council 

No Instituto Fernando Wirtz da Coruña recibiron xa 117 solicitudes para as 20 prazas ofertadas

G24.gal 25/11/2026 13:22

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a directora do British Council España, Sylvia Edvinsson, presentaron a colaboración conxunta que permite afianzar a primeira dobre titulación internacional da Formación Profesional galega.

Trátase dunha iniciativa pioneira no sistema público en España, que "espertou un notable interese entre o alumnado". O ciclo de grao superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma do Instituto Fernando Wirtz Suárez, da Coruña, recibiu 117 solicitudes para as 20 prazas ofertadas.

Unha iniciativa que abre a porta a oportunidades laborais nun mercado global

Trátase dunha experiencia piloto que comezou este curso no Instituto Fernando Wirtz Suárez da Coruña. O alumnado combina o currículo galego co británico, o que abre novas oportunidades para desenvolver a súa carreira profesional en España, no Reino Unido ou noutros países da contorna.

"No British Council traballamos xunto con institucións educativas españolas para reforzar a dimensión internacional dos seus sistemas educativos e converter esta colaboración en oportunidades reais para os estudantes", sinalou a directora do British Council España, Sylvia Edvinsson.

Para o conselleiro, "esta primeira dobre titulación internacional é un exemplo de como a colaboración con institucións de referencia permite ampliar horizontes e mellorar as perspectivas profesionais da nosa mocidade".

Román Rodríguez subliñou a aposta do Executivo autonómico por unha "Formación Profesional cada vez máis conectada coas necesidades do tecido produtivo e coas oportunidades laborais nun mercado global".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade