Cargando resultados...
Detido un home en Lugo por agredir sexualmente a súa filla menor de idade
A menor, que tiña 13 anos no momento dos abusos, confesoullo á súa nai, con quen puxo a denuncia
O home quedou en liberdade investigado por un delito de agresión sexual

G24.gal
08/08/2025 12:48
Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron este xoves un home acusado de agredir sexualmente a súa filla, menor de idade, durante anos.
Segundo fontes coñecedoras do caso, a detención produciuse despois de que se presentara unha denuncia na comisaría lucense.
Foi a menor, que tiña 13 anos cando seu pai abusou dela, a que lle confesou o ocorrido á nai, e xuntas acudiron presentar a denuncia.
As fontes tamén confirmaron que a detención producise o xoves e o home quedou en liberdade investigado por un presunto delito de agresión sexual.