Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Vilaboa un home con orde de busca que fuxiu tras recoller a súa filla no colexio

Detido en Vilaboa un home con orde de busca que fuxiu tras recoller a súa filla no colexio

O condutor, de 47 anos e con antecedentes, protagonizou unha persecución de 20 minutos e tentou escapar a pé por unha zona boscosa

 

G24.gal 13/10/2025 16:41 Última actualización 13/10/2025 16:50

A Garda Civil de Moaña detivo un veciño de Vilaboa de 47 anos, con antecedentes policiais e unha orde de busca e captura, despois dunha fuxida perigosa cando ía recoller a súa filla ao colexio.

Os feitos ocorreron o venres, cando o home se decatou da presenza dunha patrulla da Garda Civil nas inmediacións do centro escolar.

Ao tratar de evitalos, os axentes déronlle o alto, pero o condutor realizou varias manobras perigosas e emprendeu unha “fuxida temeraria”.

Durante a persecución, que durou uns 20 minutos, outras patrullas sumáronse ao operativo. Finalmente, o fuxido abandonou o vehículo nun camiño de terra e tratou de escapar a pé por unha zona boscosa, onde foi interceptado e detido.

Unha vez identificado, os axentes confirmaron que o detido tiña antecedentes e que pesaba sobre el unha orde de busca e detención. O home foi posto á disposición do xulgado de Cangas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade