Aparece unha elipse gravada e queimada no adro dunha igrexa de Moaña
A Garda Civil investigará a autoría deste acto vandálico ou esotérico
Estraño achado esta fin de semana en Moaña. A silueta dunha elipse na pedra, cunha mecha dentro que, ademais de pintada, está gravada na pedra.
O gravado na pedra, estaba queimado e ten parte dunha mecha dentro. Apareceu na mañá do sábado no adro da Igrexa de San Martiño en Moaña. A acción xerou rabia e inquedanza entre a veciñanza.
O crego xa mantivo unha conversa informal coa Garda Civil, pero a denuncia non está aínda formalmente presentada. Con todo, o párroco agarda que os axentes se acheguen entre hoxe e mañá para ver in situ os danos e investigar unha posible autoría.
A zona é moi tranquila segundo din os veciños, polo que non hai cámaras nin outros sistemas de seguridade.