Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha nova vaga de roubos nas proximidades da Hípica, na Coruña

Investigan unha nova vaga de roubos nas proximidades da Hípica, na Coruña

Hai 15 denuncias presentadas por danos en vehículos e pola falta de obxectos persoais de pouco valor

G24.gal 03/09/2025 14:52

Así quedou un dos vehículos estacionados no paseo marítimo da Coruña á altura da Sociedade Hípica. Os propietarios atoparon os cristais esnaquizados e botaron en falta algunhas pertenzas de escaso valor.

"O paseo polas noites chega un momento en que non hai unha alma", di un veciño. "Aquí hai que pensalo para aparcar. É unha lotaría", asegura un condutor.

Esta zona do paseo marítimo é moi frecuentada polos veciños da zona para estacionar o vehículo ante a falta de aparcadoiro no barrio.

"Eu vivo nesta zona e deixo o coche aquí sempre. Tiven a sorte de que non me pasou nada. Pero tampouco deixo nada dentro do coche", afirma un propietario.

En total son máis de 15 as denuncias que se presentaron ante a Policía Nacional, que agora investiga os feitos. Non é a primeira vez que sucede. O mesmo modus operandi deixou unha vintena de coches con danos nas proximidades da Domus hai varias semanas.
"Empezaron na Casa do Home e agora veñen por esta zona. Por baixo do Cemiterio e na Hípica", asegura un veciño.

Din fontes policiais que este tipo de delitos adoitan estar relacionados con persoas que buscan un xeito rápido de facerse con algúns cartos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade