Publicador de contidos

Publicador de contidos

As aulas galegas incorporarán 1.113 docentes novos este curso

As aulas galegas incorporarán 1.113 docentes novos este curso

Son 385 novos mestres en primaria, 665 en secundaria e 63 de sectores singulares da FP

A Cidade da Cultura acolleu o acto de benvida da Xunta aos novos docentes
G24.gal 03/09/2025 14:43

Aprobaron a oposición no verán, colleron destino provisional e están listos e listas para incorporarse ao sistema educativo. Son os 1.113 novos docentes que se repartirán en 190 concellos galegos este curso que empeza.

No acto institucional de benvida, o conselleiro de Educación quixo agradecerlles o esforzo e a vocación, e describiu os docentes como motores do sistema educativo. "Creo que grazas ao gran traballo e á gran motivación do profesorado, o sistema está dando pasos firmes", dixo Román Rodríguez. "Galicia está á vangarda en moitísimas variables educativas, e así o din os informes PISA ou os informes comparados con outras comunidades autónomas", engadiu.

O curso arranca con 385 novos docentes fixos en Educación Infantil e Primaria, 665 en Secundaria e 63 de sectores singulares da FP, en oito especialidades. As aulas volverán encherse o día 8 de setembro, con cousa de 4.300 alumnos menos que o curso anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos