Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local de Betanzos frustra unha carreira ilegal polo polígono de Piadela

A Policía Local de Betanzos frustra unha carreira ilegal polo polígono de Piadela

Souberon da convocatoria polas redes sociais

Os condutores pretendían converter a zona industrial nun circuíto improvisado

G24.gal 13/10/2025 13:43

Un grupo de algo máis de medio cento de condutores pretendía converter as rúas deste polígono de Piadela nun circuíto improvisado.

"A partir das 23:00 horas comezaron a chegar coches. Nós escoitamos o ruído dos motores, asomámonos e xa vimos todo". "Empezaron a chegar coches por aquí, por esta rúa e había como 200 persoas a mirar", contan os veciños.

Os condutores viñan dispostos a correr e, polo que din os veciños ían ter público. Pero co que non contaban era con que a policía soubese polas redes sociais da convocatoria, e menos aínda, co operativo de vixilancia que montaron canda a Garda Civil.

"Un pouco antes da medianoite xa comezou a chegar a Policía Local e tamén a Garda Civil. Puxéronse nos lados onde estaba a xente, supoño que para parar a carreira, se a houbese". "Aí xa pararon un pouco. Malia que ruído seguiron facendo ata a unha da mañá. Eu estaba na cama e escoitábao".

Ruído foi todo canto puideron facer. Porque ao ver que os axentes permanecían na zona, tras algo máis de dúas horas de agarda, decidiron marchar e a suposta carreira ilegal non tivo lugar.

"Contra a unha ou dúas da mañá xa marcharon todos".

A veciñanza pide controis nesta zona industrial para evitar este tipo de prácticas e que a zona sexa un risco grave para a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade