Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Moaña alertan de carreiras ilegais de coches e de venda de droga

Veciños de Moaña alertan de carreiras ilegais de coches e de venda de droga

Os cidadáns da localidade denuncian problemas de seguridade no Barrio do Real onde se están a intensificar as carreiras ilegais de coches a altas horas da madrugada que danan os vehículos e venda de droga en pequenas cantidades

 

G24.gal 26/01/2026 15:20

Os veciños do barrio do Real levan tempo denunciando problemas de seguridade nesta céntrica zona se Moaña. Dende venda de drogas en pequenas cantidades ata carreiras ilegais que danan os coches estacionados nas rúas.

Aseguran que os coches pasan con velocidade ás noites polas rúas que ademais son moi estreitas: "Fan moito ruído, sobre todo pola noite e ten habido accidentes tamén". "Estas rúas onde os edificios están pegadiños ás tres da mañá pasa calquera coche e óese, pero non carreiras concretamente", contan.

A Policía Local intensificou a vixilancia para garantir a seguridade e que ningún coche estacionado na rúa sexa golpeado como xa ten sucedido: "Golpes, rascadas, de todo. Hai límites de velocidade, pero non se cumpren", afirma unha veciña.

"Cruzar a rúa tamén é ás veces un pouquiño complicado sobre todo polas noites porque teñen por aquí algún garito e beben moito pola noite e logo pasan co coche como pasan  a toda velocidade e sen preocuparse polas persoas que pasan por alí. Confirma un veciño".

Tamén se intensificou a vixilancia policial na contorna do aparcadoiro dun supermercado en que os veciños aseguran que polas noites se venden drogas en pequenas cantidades. 

"'Trapicheo' creo que hai por toda Moaña, é unha cousa de toda a vida, pero agora parece que está un pouco máis en auxe", di una muller. 

En Moaña non son novas as denuncias por carreiras ilegais e por iso as forzas de seguridade reforzaron tamén as dúas rotondas de conexión da autovía do Morrazo en Abelendo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade