Unhas vinte mulleres afectadas de cancro de mama fan o Camiño de Santiago
O hospital público La Princesa de Madrid organiza a sexta edición de O Camiño da túa vida
As participantes fan a ruta acompañadas de persoal sanitario
"Chámome Carmen Marco e son paciente de cancro desde hai un ano e pouquiño, estou tan feliz de participar nesta experiencia marabillosa" . "Máis que "o Camiño da túa vida" é a vida para o teu camiño. Para min é así". "Como todas estamos metidas na mesma lea, entendémonos moi ben", di unha das participantes.
Carmen é unhas das 19 mulleres afectadas de cancro de mamá que percorren xuntas as últimas etapas do Camiño. Trátase dunha iniciativa que o hospital La Princesa de Madrid repite cada dous anos polos beneficios que ten para as súas pacientes. Van pola sexta edición.
"Repetimos polos beneficios que ten para elas saír a un espazo natural extraordinario coma este, saír do diagnóstico e dos tratamentos", conta a oncóloga, algunhas xa se animaron a continúa facendo deporte", explica Dulce Bañón.
"Vemos unha evolución, desde a primeira etapa de mensaxes que se mandan de non podo, non vou ser capaz, a agora unhas mensaxes de imos por isto. Eu creo que é transformador", di a psicóloga Lorena Grande.
Un Camiño transformador que, aseguran, axudará a afrontar o camiño vital de cada paciente. Máis da metade das participantes reciben aínda tratamento.
"Rimos e choramos moito, e tivemos conversas en que compartimos cousas moi persoais", di unha participante.
"Falamos do cancro, pero falamos da vida de emocións, de futuro", conta a psicóloga.