Publicador de contidos

Publicador de contidos

Profundas fendas nun muro do parque de Frigsa preocupan a veciñanza de Lugo

Profundas fendas nun muro do parque de Frigsa preocupan a veciñanza de Lugo

Hai tempo que apareceron, pero coa chuvia deste inverno o certo é que non paran de medrar

Unha das fendas no muro de Frigsa
G24.gal 26/05/2026 13:39

Preocupación en Lugo entre os usuarios das instalacións deportivas no parque de Frigsa pola aparición de varias fendas nun muro de contención. 

"Impresiona. Boa pinta non ten", din os que pasan por alí acotío e vixían con inquedanza a evolución das fendas. 

Apareceron hai xa algún tempo pero cada vez fanse máis longas e profundas.

"Apareceron hai uns dous anos e a cousa vai a mais. Coa chuvia vese como agrandan", comentan veciños. 

Os que saben delas deron aviso ao concello. 

"Nos xa avisaramos das fendas porque cando chove íamos pegados ao muro".

Instalouse un valado de protección impide pasar á beirarrúa que está na parte baixa. Os feirantes que os martes e venres acoden ao mercado de Frigsa xa se afastaron da zona. 

É un muro duns sete metros que ten a función de contención da parte alta onde hai varias naves municipais e o canil. O Goberno municipal está a avaliar as posibles solucións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade