Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban 400 metros de cable da iluminación publica en Catoira

Rouban 400 metros de cable da iluminación publica en Catoira

O roubo deixa sen subministración os veciños e causa un prexuízo de 6.000 euros

G24.gal 13/10/2025 13:56

O Concello de Catoira acaba de denunciar dous roubos de cable da iluminación pública nas dúas últimas semanas. Son en total uns 400 metros en dous lugares diferentes de Catoira, un no lugar do Cruceiro de Arón, antes de chegar a Coaxe, e  o outro no lugar de Freixeiro, en Abalo.

Porén, lugares moi semellantes e o mesmo obxectivo: facerse co cable da iluminación pública. Os dous sitios están cerca das casas, sen iluminación pública élles difícil moverse, tanto en coche como camiñando.

Desde o Concello informan de que xa están traballando para repoñer a iluminación, un custo que, xunto co material subtraído, ascende aos 6.000 euros. Aproveitan para facer un chamamento aos veciños de que avisen se ven algún movemento sospeitoso. Tamén puxeron denuncia ante a Garda Civil e pedíronlle que incremente a vixilancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade