Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por ferir dous policías que asistían nunha posible agresión a súa parella

Detido por ferir dous policías que asistían nunha posible agresión a súa parella

Os axentes recibiron asistencia sanitaria por contusións na cabeza e noutras zonas do corpo

G24.gal 04/10/2025 14:18

Un veciño de Lugo foi detido tras atacar dous policías que atendían un suposto caso de violencia de xénero. O incidente sucedeu nas inmediacións dun local de hostalería de Fontiñas, onde o home iniciou unha discusión coa súa parella.

Dous policías resultaron feridos e tiveron que recibir asistencia sanitaria por contusións na cabeza e outras zonas do corpo. Segundo as testemuñas, o home estaba fóra de si e gritáballe á súa parella, pero nese momento non presenciaron ningún tipo de agresión física cara á moza. Finalmente, o agresor acabou arrestado por un delito de atentado aos axentes da autoridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade