Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontevedra, Ourense e Lugo acenden as luces do Nadal

Pontevedra, Ourense e Lugo acenden as luces do Nadal

Mercados de Nadal, concertos, pista de xeo e xogos para nenos completan a oferta para estas festas

Decoración de Nadal en Pontevedra
G24.gal 05/12/2025 22:13

As cidades de Pontevedra, Ourense e Lugo xa están, oficialmente, en tempo de Nadal. 

Esta tarde acenderon a iluminación, o que supón o inicio dun extenso programa de ocio para estas festas.

En Pontevedra, na praza da Ferrería abriu o Poboado de Nadal, co tradicional mercado de artesanía e agasallos. Hai tamén pista de xeo, carpa de xogos e unha tirolina.

En Ourense, a inauguración das luces celebrouse cun concerto tributo a Sabina.

Durantes as festas haberá varias propostas musicais. E tamén un mercado de Nadal, un poboado natalicio e un tren exprés na Praza Maior.

E en Lugo a Praza Maior acolle o mercado do nadal  e máis dun millón de luces led decoran case 70 rúas e prazas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade