Deteñen os dous atracadores que levaran 154.000 euros dunha sucursal de Cáceres
A Policía resalta a súa "calma, alta profesionalidade e o coñecemento preciso dos sistemas de seguridade"
Actuaban habitualmente na Comunidade de Madrid, pero en xaneiro desprazáranse ata Estremadura
Están xa na cadea, logo de seren arrestados nunha serie de rexistros en Madrid e Toledo
Nas imaxes das cámaras de seguridade vese como entraban, pistola en man, os dous atracadores que o 16 de xaneiro pasado lograban facerse con 154.000 euros nunha sucursal bancaria de Cáceres. Segundo o parte policial, golpearon e inmobilizaron un traballador, e obrigaron a outra empregada a abrirlles a caixa forte e tamén o caixeiro automático.
Á policía resultoulle familiar esta maneira de actuar que definen como "de alta profesionalidade, coñecemento preciso dos sistemas de seguridade e unha gran capacidade para actuar con calma durante o atraco". Respondía ao perfil dun par de veteranos delincuentes que adoitaban operar en bancos da Comunidade de Madrid, pero que esta vez se desprazaran ata Estremadura nunha furgoneta facéndose pasar por obreiros.
O da sucursal de Cáceres é o último atraco que se lles atribue os dous detidos
A policía acabou de atar cabos, e a semana pasada activou un amplo operativo que incluíu catro rexistros en Madrid e Toledo nos que interviñeron material relacionado co atraco de Cáceres, un coche e 2.450 euros en billetes de dez euros, agochados dentro dun abrigo.
Amais detiveron os dous homes, que xa foron enviados a prisión acusados dun delito de roubo con violencia.