A policía desarticula un grupo criminal antes de que atracara unha sucursal en Vigo
A investigación deste grupo de atracantes comezou en outubro de 2025 tras o atraco a un banco do Porriño
Tamén detiveron outras dúas persoas pola súa presunta colaboración cos detidos
A Policía Nacional e Guardia Civil desarticulou un grupo criminal momentos antes de atracar un banco en Vigo. En total, detiveron cinco persoas, tres delas a escasos metros dunha sucursal bancaria, na zona de Balaídos, segundo as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
A investigación deste grupo de atracadores comezou en outubro de 2025 tras o atraco a un banco do Porriño, onde os ladróns fixéronse cun botín de 138.000 euros. Dous homes, de 53 e 61 anos, entraron na oficina bancaria e, usando armas de fogo, ameazaron e inmobilizaron as persoas presentes. Despois, os atracadores saíron da sucursal facéndose pasar por clientes e desprazáronse ata unha zona próxima onde lles esperaba un vehículo conducido por unha terceira persoa, unha muller de 52, que tamén se encargara de realizar os trámites de alugueiro do vehículo.
Asemade, este grupo criminal intentara, sen éxito, atracar ata dúas ocasións unha sucursal bancaria situada na rúa Martínez Garrido de Vigo. Os atracadores caracterizáronse e intentaron entrar momentos antes do peche da sucursal, pero o persoal do banco non lles deu acceso e abortaron a operación.
Durante as investigacións, os axentes centráronse en J. J. T., alias Tielas, un coñecido atracador de bancos na zona de Vigo e que se atopaba en paradoiro descoñecido.
O grupo de atacadores intensificou as medidas de seguridade para evitar ser localizado e cambiou frecuentemente o lugar de residencia para dificultar as investigacións. Ademais, durante os atracos mantiñan unha actitude violenta e ameazante e usaban máscaras, lentes, gorras e panos tubulares para non seren identificados.
O pasado 1 de abril producíronse as detencións, mentres os atracadores se desprazaban a unha rúa próxima á sucursal. Tras estacionar o vehículo, dous homes, que xa estaban disfrazados, camiñaron cara á entidade bancaria. Os axentes interviñéronlles un arma de fogo, navallas, spray de defensa persoa, bridas e luvas. Os tres detidos foron postos á disposición do Tribunal de Instancia e Instrución do Porriño, en funcións de garda, que decretou o seu ingreso en prisión.
Con todo, tamén detiveron outros dos homes, un de 36 anos e outro de 61, pola súa presunta colaboración cos detidos, aos que daban apoio loxístico.
Os axentes atribúen a este grupo criminal os delitos de roubo con violencia e intimidación, pertenza a grupo criminal, detención ilegal, tres tentativas de roubos con violencia e intimidación, e tenza ilícita de armas, cuxa investigación foi dirixida pola Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia Praza Nº1 do Porriño e a Fiscalía de Vigo.