Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos por atracar cun coitelo unha froitería de Vilagarcía

Dous detidos por atracar cun coitelo unha froitería de Vilagarcía

Un veciño perseguiu os delincuentes en patinete, e grazas a iso a Policía Local puido localizalos e detelos

Os ladróns levaron finalmente uns catrocentos euros

G24.gal 17/06/2026 15:23 Última actualización 17/06/2026 15:43

Dous atracadores, un home e unha muller, entraron na tarde do martes nunha froitería de Vilagarcía e puxéronlle un coitelo no pescozo mentres collían os cartos da caixa. Logo fuxiron, pero por sorte, deron con eles e están detidos. O medo que pasou Susana, a dependenta, vai tardar tempo en pasar.

Entraron por esta porta, ían encapuchados e cun coitelo na man. Ao chegar ao mostrador e, salvando unhas catro persoas que había nese momento na froiteiría, colleron a dependenta e puxéronlle un coitelo no pescozo pedindo os cartos. 

Foi moi rápido, cuestión de poucos minutos. Co botín na man e xa cerca da saída tiraron as moedas e fuxiron. Aínda co susto no corpo Susana contou todo o acontecido á Policía Científica. Os ladróns levaron finalmente uns catrocentos euros.

Na fuxida, un veciño que estaba cerca da froiteiría perseguiunos en patinete. Grazas a el e xa sen os puchos a Policía Local localizounos e detívoos na estación de autobuses e pasaron a noite no calabozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade