Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Outeiro de Rei cando conducía un ciclomotor sen ter o carné e portando 800 g de haxix

Detido un veciño de Outeiro de Rei cando conducía un ciclomotor sen ter o carné e portando 800 g de haxix

Finalmente, o home foi condenado pola autoridade xudicial a oito meses de prisión e ao pago dunha multa de 1.400 euros

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 21/07/2026 12:00

A Garda Civil detivo un veciño de Outeiro de Rei por un suposto delito de tráfico de drogas e outro contra a seguridade viaria, despois de ser identificado cando transportaba 800 gramos de haxix e circulaba nun ciclomotor sen obter nunca o permiso de condución.

Tal e como trasladou a Garda Civil nunha nota de prensa, os feitos tiveron lugar durante un dispositivo preventivo de seguridade cidadá establecido pola Garda Civil. O condutor dun ciclomotor tratou de evitar o control realizando unha manobra evasiva.

Despois de ser interceptado e rexistrado, os axentes localizaron ao redor de 800 gramos de suposto haxix e descubriron que o home carecía de calquera permiso ou licenza de condución, polo que se instruíron dilixencias.

Por mor da investigación púidose determinar que o agora detido aproveitaba as franxas de maior calor e a coincidencia con acontecementos deportivos de gran seguimento para desenvolver a súa actividade.

Finalmente, o home foi condenado pola autoridade xudicial a oito meses de prisión e ao pago dunha multa de 1.400 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade