Cargando resultados...
A Televisión de Galicia traslada este mércores os seus telexornais á sede do Parlamento Europeo
Marta Darriba e Pablo Muñoz encabezarán unha despregadura especial dos servizos informativos para contar a actualidade comunitaria desde unha perspectiva galega
G24.gal
15/09/2026 17:50
A Televisión de Galicia traslada este mércores 16 de setembro os seus dous telexornais á sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo.
Marta Darriba e Pablo Muñoz encabezarán unha despregadura especial dos servizos informativos para contar a actualidade comunitaria desde unha perspectiva galega, e analizar como as decisións e os debates europeos inciden directamente en Galicia.
Este mércores, toda a información desde Estrasburgo nos telexornais da Televisión de Galicia, ás 14:25 e ás 21:00.