Publicador de contidos

Publicador de contidos

A regulación da IA e das redes sociais, na axenda do Parlamento Europeo

A regulación da IA e das redes sociais, na axenda do Parlamento Europeo

Nos próximos meses vanse negociar medidas para limitar os pisos turísticos en todos os estados

A Eurocámara reclama un fondo para pesca de 7.500 millóns fronte aos recortes que propón a Comisión Europea

G24.gal 16/09/2026 07:00

O 21 de xaneiro deste ano, Filipe VI reafirmou en Estrasburgo o compromiso europeísta de España, corenta anos despois da súa entrada. "Nunca como nestes tempos escuros foi a idea de Europa tan necesaria", insistiu o monarca na sede do Parlamento Europeo, a institución que mellor recolle o sentir da xente.

De feito, ese mesmo día, o Parlamento Europeo conseguía paralizar o tratado de libre comercio co Mercosur impugnándoo ante a xustiza. Os agricultores da UE levaban meses protestando, incluídos os galegos, ante o que consideran competencia desleal.

O choque entre Parlamento e Comisión Europea é habitual en temas tan sensibles para Galicia como o agro ou a pesca. Nestes momentos, por exemplo, negócianse os cartos que recibirá este sector do mar a partir do 2028. A Comisión propón recortar ese fondo un 66 % e deixalo en 2.000 millóns, mentres o Parlamento pide elevalo ata case 7.500 millóns. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, está de acordo con esta cifra, "sempre que ese sexa o mínimo".

O debate prevese intenso, ao igual que noutros temas de máxima actualidade que están na axenda comunitaria: a regulación da Intelixencia Artificial ou das redes sociais entre os menores.

A crise da vivenda atravesa Europa, cos prezos disparados. Fronte a iso, nos próximos meses vanse negociar medidas para limitar os pisos turísticos en todos os estados.

E xa arrancou tamén o debate sobre o novo presuposto a longo prazo da Unión, unhas contas que marcarán o rumbo de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar