Detido o atracador que asaltou unha librería de Sanxenxo armado cunha pistola
Seguen abertas aínda as xestións para localizar a arma, posiblemente de simulación
Garda Civil/Ministerio do Interior
A Garda Civil detivo a persoa que, segundo a investigación, intentou atracar o pasado mes de outubro unha librería de Noalla, en Sanxenxo, armado cunha pistola.
Trátase dun home de 58 anos, veciño do municipio pontevedrés de Catoira e que, segundo o instituto armado, conta xa con numerosos antecedentes policiais. Ao arrestado investígano por un delito de roubo con violencia en intimidación.
Os feitos producíronse cando esta persoa accedeu ao establecemento durante o seu horario de apertura e, esgrimindo o que aparentaba ser un arma de fogo, tratou de intimidar o propietario para subtraer o diñeiro da recadación.
Ante a resistencia da vítima, produciuse forcexo entre ambos e o propietario da librería acabou ferido leve. O asaltante non logrou facerse con botín algún e fuxiu do lugar.
Os investigadores lograron identificar a persoa que asaltou o establecemento, que acabou recoñecendo os feitos e confesando o lugar onde guindara o disfrace que utilizou para intentar atracar a librería.
Seguen abertas aínda as xestións para localiza a arma, presuntamente simulada.
Os feitos investigados ata o momento foron postos en coñecemento da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Cambados.