Atracan cunha pistola un banco no Porriño
Accederon á sucursal con caretas e luvas, e con armas de fogo
Logo de atar con bridas os empregados e un cliente, levaron o diñeiro da caixa forte, unha cantidade que non transcendeu
A Garda Civil busca os autores dun atraco na sucursal de Abanca do Porriño, na rúa Bos Aires, fronte á planta de Frigolouro.
Accederon á sucursal con caretas e luvas, e con armas de fogo. Tras atar os empregados e o cliente que estaba conseguiron un botín que aínda está por cuantificar. Segundo algunhas fontes, os autores do atraco poderían ser os mesmos que roubaron noutras entidades da provincia.
Segundo explican fontes próximas á investigación a Europa Press, os feitos ocorreron ás 13:45 horas deste luns, nunha sucursal da que levaron o diñeiro da caixa forte, unha cantidade que non transcendeu.
Os asaltantes deixaron aos traballadores do banco e a un cliente atado con bridas antes de fuxir.