Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen tres homes por violar unha nena de 8 anos na súa casa, un deles, o pai

Deteñen tres homes por violar unha nena de 8 anos na súa casa, un deles, o pai

Foi a nai quen se decatou do acontecido cando chegou á casa e avisou a Policía

G24.gal 10/10/2025 10:26 Última actualización 10/10/2025 14:54

A Policía Nacional detivo tres homes por violar unha nena de 8 anos no seu domicilio do distrito madrileño de Usera; un deles, o pai da menor.

O arresto tivo lugar o sábado pasado tras o aviso da nai que se decatou da agresión sexual cando chegou á súa casa e chamou á Policía, informaron fontes policiais.

Os arrestados son o pai da nena, cidadán de Bolivia, de 38 anos, e outros dous homes que convivían no mesmo domicilio, un ecuatoriano de 33 e un colombiano de 24.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade