Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Lugo pide a retirada da terrazas das casetas do polbo

O Concello de Lugo pide a retirada da terrazas das casetas do polbo

A medida adóptase a tres días de que rematen as festas do San Froilán e provoca o enfado dos polbeiros

O Concello argumenta motivos de seguridade e que a instalación das terrazas non se recolle nas bases do concurso que regula estes restaurantes

 

G24.gal 10/10/2025 14:29

Enfado entre os donos das casetas do polbo de Lugo. A tres días de que remate o San Froilán teñen que retirar as mesas e cadeiras que teñen no exterior. 

"Isto decidiuno o Concello, déronse de conta oito anos despois de que tiñamos terrazas no exterior, este ano danse de conta de que non están nas bases", di Ramiro López, dono dunha das casetas do polbo. 

O Concello ordenou a súa retirada argumentando que a instalación destas terrazas non están nas bases do concurso que regula estes restaurantes, e tamén a seguridade. 

"O corredor estaba libre, somos responsables, sempre lles pedimos que houbese sitio entre as casetas por se había un problema poder desaloxar, seguridade, algo teñen que dicir", engade Ramiro López.

A medida xera debate tamén na rúa.

"As terrazas están ben se hai pouca xente; con moita, xeran problemas", di unha muller, outro home comenta: "Eu véxoas ben, tes estas mesiñas ven a xente e sentase"; e outro veciño di: "Sen elas hai máis espazo".

Esta é unha fin de semana de moitas reservas en que xa se tiña en conta as prazas das terrazas.

"Vai marchar moita xente sen comer o polbo, e vai marchar enfadada pero se os responsables deciden así non temos nada que dicir", asegura Ramiro López.

Aínda que non lles gusta cumprirán coa medida para evitar as sancións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade