Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 'koruño' persiste fronte a expresións globalizadas como 'bro' ou 'estar de chill'

O 'koruño' persiste fronte a expresións globalizadas como 'bro' ou 'estar de chill'

G24.gal 01/10/2025 20:51

Nun lugar entre os barrios de Labañou, San Roque e Cidade Escolar, o televisivo e coruñés Paco Lodeiro atópase co seu amigo Daniel, quen se detén a saudalo:

- "Pois teño as gambas maradas de tanto burlar ao fútbol. Con 58 anos e sigo aínda aí dálle que te pego"

- "Pois hai que parar de burlar chachi"

Por se precisan tradución, están a falar de xogar ao fútbol e fano na súa lingua particular: o koruño.

"Unha xerga na que había un nome para todas as cousas e poder dicilas dunha maneira que o resto da xente, principalmente os adultos, non chanaran do que estabamos pochando", explica Paco Lodeiro como falante de koruño

"Miña nai cando fixen a miña primeira díxome: "era o que me faltaba un piqui na familia". E eu dicíalle: "punki mamá non piqui, punki"", comenta o tamén falante de koruño Daniel Sambad   

Fronte a expresións globalizadas como ‘bro’ ou ‘estar de chill’,koruño é unha xerga propia coruñesa con vocabulario, frases feitas e xeito de expresarse que se fixeron populares hai anos en programas e series de televisión da TVG. 

"Podemos falar en castelán, en galego ou algo en inglés, pero se te atopas cun colega co que estás afeito a dicir gambas por pernas, tocha por nariz ou pinrel por pé pois segues a empregar ese vocabulario", engade Paco Lodeiro. 

E os dous amigos despídense, como non pode ser doutro xeito, en koruño:

"... e xa quedaremos para xogar unhas pachangas e queimar un pouco máis as gambas".   

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade