Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXG avala unha sentenza favorable a Vigo polo control do ruído do Nadal

O TSXG avala unha sentenza favorable a Vigo polo control do ruído do Nadal

A demandante recriminaba ao Concello unha presunta inactividade por non adoptar as medidas necesarias para mitigar o ruído provocado polas festas

Gustavo de la Paz - Europa Press - Arquivo Gustavo de la Paz - Europa Press - Arquivo
G24.gal 30/09/2025 17:56

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avalou unha sentenza favorable ao Concello de Vigo sobre o ruído do Nadal 2022-23.

Nun fallo que trasladou o Goberno local, o alto tribunal desestima un recurso de apelación que alegaba un erro na valoración da proba en primeira instancia.

Ademais de confirmar a sentenza do Xulgado do Contencioso 2 de Vigo, o TSXG condena á apelante para abonar as costas, mil euros.

A demandante recriminaba ao Concello unha presunta inactividade por non adoptar as medidas necesarias para mitigar, ata un nivel aceptable e normativamente autorizado, o ruído provocado polas festas do Nadal en Vigo e reclamaba a suspensión das actividades que alteran a vida dos veciños afectados.

O Tribunal Superior sinala que non houbo "indefensión" no proceso "nin se constata erro" algún na valoración da proba.

Afirma que "unha sensación de ruído" non supón unha proba de cargo suficiente.

Incide ademais nas diversas medidas acordadas polo Concello para limitar os efectos do ruído e evitar os inconvenientes aos veciños afectados como puideron ser a redución de horarios e a supresión de fontes emisoras.

"O Nadal en Vigo é un feito de importancia mundial e os que a queren pechar, o PP, o BNG e algunha xente concreta dalgunhas zonas -en alusión a asociacións de veciños da zona centro-, que se esquezan. Non o van a conseguir", proclamou o alcalde, Abel Caballero,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade