Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación entre a veciñanza por unha nova liorta grupal na Coruña

Preocupación entre a veciñanza por unha nova liorta grupal na Coruña

A pelexa produciuse de madrugada na ronda de Outeiro, entre os barrios da Agra do Orzán e O Ventorrillo

Na liorta participaron arredor de oito homes

Ata a zona desprazouse unha patrulla da Policía Nacional

G24.gal 07/12/2025 15:24 Última actualización 07/12/2025 20:48

Na Coruña, unha nova pelexa na ronda de Outeiro causou preocupación na veciñanza. O suceso produciuse na madrugada do sábado ao domingo no cruzamento entre os barrios da Agra do Orzán e O Ventorrillo.

Nas imaxes difundidas polas redes sociais pódese ver un grupo de homes pelexando. Un deles parece ter unha vara na man coa que ataca outro mozo que intenta evitar os golpes a puñazos.

Outro dos varóns tira ao chan outro home, ao que golpea e arrastra ata que o agredido consegue fuxir. Varios homes intentan poñer fin á liorta que remata cos dous grupos fuxindo do lugar. Ata a zona desprazouse unha patrulla da Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade