Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os primeiros estudantes de Viveiro que cursaron BUP xúntanse despois de 50 anos

Os primeiros estudantes de Viveiro que cursaron BUP xúntanse despois de 50 anos

Alumnado do instituto Vilar Ponte lembran aqueles anos do bacharelato unificado polivalente

G24.gal 04/10/2025 21:18 Última actualización 04/10/2025 22:02

Cincuenta anos despois da instauración en España do BUP, un setenta alumnos daquel primeiro curso do instituto Vilar Ponte de Viveiro xuntáronse para conmemorar que hai cinco décadas comezaran aqueles estudos no instituto.

O bacharelato unificado polivalente creouse na Lei xeral de educación do 4 de agosto de 1970. Neste centro eran uns 150 estudantes e dividíanse en cinco grupos dunhas trinta persoas. Hoxe lembran o profesorado, que xa ventaban novos tempos, as materias e os recreos.

Moitos destes compañeiros e compañeiras levaban case cincuenta anos sen verse e para recoñecérense puxeron no colo unha foto de cando eran novos. Diferentes, pero son os que eran, só que con medio século máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade