Cúmprense 25 anos do derradeiro sorteo dos quintos
O servizo militar deixou de ser obrigatorio para converterse en profesional
En novembro do ano 2000 celebrouse o último sorteo do servizo militar obrigatorio
O 28 de novembro do ano 2000 foi a última vez que o azar determinou a sorte duns sete mil mozos galegos para cumprir co servizo militar obrigatorio. Pouco despois publicábase o decreto que convertía a chamada mili en profesional e que remataba coa obrigatoriedade da mesma en toda a xeografía española, e o desvelos da maioría dos mozos.
"Naquela época, hai corenta anos, xuntámonos todos e fomos tomar cañas e non durmimos toda a noite. Foi unha xolda esa noite e despois cada un sabíamos que íamos ir a sitios diferentes de España", lembra algún dos que fixeron o servizo militar obrigatorio.
Para outros a experiencia foi diferente, "naquela época sempre había movemento de non querer facer a mili".
Este mes cúmprense vinte e cinco anos do derradeiro sorteo dos chamados quintos, os mozos que se incorporaban obrigatoriamente á remuda das forzas armadas durante polo menos nove meses.
A profesionalización do exército, voluntario, deixou atrás todo tipo de experiencias. Para uns supuxo unha oportunidade laboral e a alfabetización, para outros significou un atranco na súa vida académica e persoal. De feito, na última etapa moitos dos mozos optaban pola prestación social substitutoria ou polo aprazamento da súa incorporación a filas, sen esquecer o papel que xogou o movemento insubmiso.
Actualmente as forzas armadas contan cun modelo profesional de incorporación voluntaria, baseado no compromiso, e unha formación especializada. Os sorteos e os desvelos da véspera quedaron atrás hai 25 anos.