Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación no mundo empresarial pola caída do maior proxecto de biogás de Galicia

Preocupación no mundo empresarial pola caída do maior proxecto de biogás de Galicia

As catro empresas que o impulsaban en consorcio lideradas por Lence din que renuncian por problemas burocráticos e polos ataques políticos ao proxecto industrial

Terreos no polígono do Ceao en que ía ser construída a planta
G24.gal 17/10/2025 15:18

En Lugo o mundo empresarial está preocupado pola caída do proxecto da planta de biogás que  lideraba Lence por problemas burocráticos e polas protestas dalgúns grupos.

"Non é unha cuestión de lóxica, é unha cuestión de ter unha desculpa máis para facer política a costa dos empresarios. E nós, as empresas do consorcio non nos podemos permitir ese luxo porque nós temos que protexer os empregos", di Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence.

Un proxecto no que, ademais do grupo do sector lácteo, participan en consorcio outras empresas luguesas como Norvento ou Agroamb, que decidiron paralizado tras coñecer que se preparaban mobilizacións.

Os empresarios din que era un proxecto estratéxico, tamén o di a Xunta. Consideran que é fundamental para solucionar o problema de xurros do sector agrogandeiro, un dos máis importantes da provincia.

Require dun investimento de 9 millóns de euros, 7 xa conseguidos a través de axudas europeas.

"É un proxecto validado pola UE, imos perder fondos comunitarios, neste caso 7 millóns. Na parte empresarial empezan a estar fartos de que haxa proxectos que non vaian adiante polas trabas burocráticas, pero tamén porque haxa un movemento de oposición que non está fundamentado en nada, simplemente o non polo non", afirma Jaime López da Confederación de Empresarios de Lugo.
 

A planta de biogás do Ceao tería que comezar a construírse a mediados do ano que vén. Os promotores non descartan retomala pero con condicións.

"Se estes partidos se posicionan a favor e invisten fondos, pois quizais, porque así, se perdemos, perdemos todos" engade Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade