Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector porcino galego di que perdeu xa un millón e medio de euros pola baixada dos prezos

O sector porcino galego di que perdeu xa un millón e medio de euros pola baixada dos prezos

Pide máis medidas de control do xabaril para evitar a peste porcina

Medio Rural chama á tranquilidade ante a inquietude no sector gandeiro pola peste porcina

G24.gal 08/12/2025 14:57

O sector porcino galego pide máis medidas de control do xabaril para evitar que entre a peste africana. De momento os positivos seguen limitados a Cataluña, pero os efectos económicos nótanse en toda España. Os productores galegos falan de perdas millonarias porque os prezos estanlles baixando.

O sector en Galicia mira con preocupación a Cataluña. Coinciden en que forma de evitar que entre un foco é controlando o xabarín. Sobre todo nas zonas próximas ás cidades, onde se poden contaxiar ao comer de contedores.

Este martes reúnense a Consellería de Medio Ambiente e os cazadores. Crearán un grupo de traballo tamén coa Fegamp, os sindicatos agrarios ou a Garda Civil. A Xunta vai propoñer bonificacións para os cazadores que superen a cota de capturas de xabarís. Priorizando as zonas con granxas.

O sector fala dun impacto brutal dende que apareceu o foco en Cataluña. Perderon un millón e medio de euros nunha semana pola baixada dos prezos. Sumado a que países como Xapón cancelaron os pedidos. 

Están moi pendentes das negociacións do Ministerio para reabrir mercados e nas granxas e reforzaron as medidas de bioseguridade. Piden un plan de continxencia específico para Galicia, polas singularidades da nosa comunidade, coas explotacións de autoconsumo e o porco celta, que está en contacto continuo coa fauna silvestre.

Situación en Cataluña

En Cataluña, axentes da Generalitat vixían dende o aire a zona delimitada, para impedir que se incumplan as restriccións ou localizar novos cadáveres de xabarís. De momento o número de positivos mantense estable, en 13 casos. E todos apareceron dentro desa zona restrinxida. 

O obxectivo segue sendo que o virus non saia de aí. E mañá comeza a traballar un equipo de expertos en bioseguridade para analizar a orixe do brote. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade