Moito movemento de viaxeiros coa operación retorno da ponte en Galicia
O traxecto ferroviario Galicia - Madrid tivo 50.000 prazas, o dobre que na mesma ponte do ano pasado
O aeroporto de Santiago tamén concentrou a maior parte dos viaxeiros que saen e chegan hoxe a Galicia
Os centros loxísticos de Galicia volven ser protagonistas nesta operación retorno facéndose notorio o aumento de prazas nos enlaces ferroviarios con Madrid, concretamente o dobre que o ano pasado. Unha gran porcentaxe dos viaxeros fixeron parada na capital de Galicia.
Pero tamén houbo quen se achegou á costa para coñecer as nosas rías e a nosa gastronomía quedando ben satisfeitos.
Nos aeroportos o axetreo de viaxeiros era evidente. Moitos galegos chegaban esta mañá desde Barcelona. E outros marchaban de Galicia para Andalucía con bo sabor de boca... moito pulpo e moitas zamburiñas seica.
Esta tarde espérase moito movemento cos que chegan a última hora aproveitando ata o derradeiro momento as súas vacacións nesta Ponte da Constitución.