Caprichos aos que renunciaremos este Nadal
Segundo a Asociación Española de Consumidores, o gasto medio por persoa é de 1300 euros
Se non se pode, non se pode, e nestas festas haberá que renunciar a algún que otro capricho para que as contas cadren.
"Xa veremos, se cadra ao mellor este ano imos pasar sen el".
"Supoño que si porque a ver, sobre todo o marisco porque como se pode comer calquer época do ano, pois si, ao mellor teremos que sacar algo de ahí".
"Ti a que vas renunciar? Pois igual a darme unha boa viaxeciña no entroido e non podo e o pospoño, hai que cumprir máis coa familia e o ocio deixalo en segundo plano".
" Eu tiven que deixar de mercar algo para min para poder manexar as contas, xestionar mellor as contas".
"Tampoco non somos unha familia de gastar moitos cartos en agasallos, entón este ano vai ser moi normal, moi coma sempre, faltan as cigalas", comentan varias persoas na rúa.
Segundo un estudo realizado pola Asociación Española de Consumidores, imos gastar unha media de 1.300 euros por cabeza. E é que nos enfrontamos a un Nadal de récord, o máis caro da historia e isto vai determinar moitas decisións á hora de gastar.
"O capricho ímolo ter igual pero en vez de ter un quilo de percebes, teremos medio quilo e en vez de ter 4 centolas teremos dúas e hai que repartir".
"Antes iamos mercar os pasteis en pastelerías, ou os mazapáns, ou os turróns e agora faise o mesmo pero menos cantidade".
"E ao mellor hai que ir a conxelados que a produto fresco".
Con todo hai quen se nega a renunciar a nada, porque Nadal é o Nadal.
"Somos unha familia que valoramos o compartir e manteremos as tradicións que tivemos ata agora".
"É unha vez ao ano entón hai que celebralo para iso traballamos tantos anos non?