Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tendas efémeras de decoración de Nadal para os máis previsores

Tendas efémeras de decoración de Nadal para os máis previsores

Os prateados, os elfos e os crebanoces están arrasando, tamén as bonecas de inverno. Cae o Papá Noel e empezan a afrouxar os dourados

G24.gal 07/10/2025 21:08

Esta semana abríu en Pontevedra a tenda efémera de decoración de nadal en Cruz Gallástegui. Ana Belén Barreiro abriuna por vez primeira o ano pasado para retirar da súa florería de Barro toda a decoración para poder afrontar a campaña de Santos.

O ano pasado foi un éxito e este ano as vendas xa van a bo ritmo. Os prateados, os elfos e os crebanoces están arrasando, tamén as bonecas de inverno. Caen os Papás Noel e empezan a a afrouxar os dourados.

Son moitos os que adiantan as compras para embelecer as casas e os locais e ante o perigo de quedar sen os obxectos desexados. Entre árbores, manteis, calendarios de adventou ou coxíns sobreviven os Reis Magos, o Misterio e algúns clásicos máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade