Atopan o corpo sen vida do octoxenario desaparecido en Ortigueira hai unha semana
O cadáver foi atopado a poucos metros dunha pista cercana a unha louseira, a máis de dous quilómetros de onde aparecera o seu vehículo

O corpo do home de 85 anos desaparecido desde hai unha semana en Ortigueira foi atopado este martes por un grupo de persoas que, un día máis, rastrexaban o monte na procura do ancián.
O cadáver foi atopado a poucos metros dunha pista cercana a unha louseira, na estrada de Campos, a máis de dous quilómetros de onde aparecera o seu vehículo.
Durante todo este tempo un amplo dispositivo do que formaron parte axentes da Garda Civil, a Policía Local, o GES e tamén moitos veciños percorreron a zona na busca do ancián, veciño da parroquia de Espasante. Este martes mesmo se desprazaron a Ortigueira efectivos do Grupo Subacuático da Garda Civil para explorar unha poza dunha canteira, ante o temor de que o home puidera estar dentro.
No dispositivo participaron tamén cans do colectivo Cans de Salvamento de Galicia e os dequipos de dronos da Axencia de Emerxencias de Galicia