Os drons únense á busca do bañista na praia de Cangas
As tarefas de busca continúan e están coordinadas pola Garda Civil
Imaxe de arquivo
A Unidade Operativa de Drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) uniuse esta noite ao operativo de busca do bañista de 75 anos na zona da praia de Barra, en Cangas.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido minutos despois das 18 horas deste sábado, a través de particulares que se atopaban nesta area canguesa. As pertenzas do implicado continuaban alí e adoitaba bañarse na zona. Polo tanto, existía a posibilidade de que non conseguira saír da auga.
Deste xeito, activouse un operativo no que participan Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Cangas.
As tarefas de busca continúan e están coordinadas pola Garda Civil.