Busca de persoas desaparecidas, que facer cando o tempo xoga na contra
Un congreso organizado pola Axencia Galega de Seguridade e a Unidade de Cans de Salvamento de Galicia analízanse os pasos a seguir para logar o éxito nos rastrexos
Nun simulacro participaron drons de AXEGA e os cans de rescate da Garda Civil e de CA.SA.GA
Cando se trata de persoas desaparecidas mobilízanse todos os medios dispoñibles na busca. Policías, Garda Civil, bombeiros e voluntarios de Protección Civil póñense á disposición do centro de mando. O importante é saber o quen ten que facer cadaquén, porque o tempo sempre xoga na contra. E iso é o que están practicando estes días nun congreso organizado pola Axencia Galega de Seguridade e a Unidade de Cans de Salvamento de Galicia.
"É un pouco pois iso, para confluír e saber quen é o que dirixe, que necesidades hai e que é o que se pode mobilizar", explique Oliva Trasancos, presidenta provincial das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Coruña.
"Como teñen que coordinarse, cales son os protocolos que teñen que levar a cabo para atopar o antes posible esas persoas desaparecidas", engade Diego Calvo, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Na práctica desta mañá simularon unha derruba nunhas obras de desmonte. Perdéronlle a pista a 4 operarios que, por sorte, foron atopados polos cans das dúas unidades de rescate que hai en Galicia, unha de Salvamento e outra da Garda Civil.
"Cando un can adestrado localiza unha persoa que leva dous, tres días desaparecida no monte, que pasa moito lamentablemente no medio rural, iso é unha satisfacción moi grande", apunta Alejandro Barreiro, responsable da Unidade de Rescate Cans de Salvamento de Galicia.
Este tipo de adestramentos axudan a que todos sumen e traballen coa maior celeridade e coordinación posibles.