Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha das placas do edificio incendiado en Ourense cae sobre a clínica do baixo

Unha das placas do edificio incendiado en Ourense cae sobre a clínica do baixo

Durante a noite seguían fumeando unhas trabes e o chan do primeiro andar colapsou

Os servizos de emerxencia rescataron varias persoas e tres foron trasladadas ao hospital

Os bombeiros continúan traballando no edificio
G24.gal 31/05/2026 08:33 Última actualización 31/05/2026 15:01

A placa do primeiro andar do edificio que ardeu este sábado no barrio da Ponte, no concello de Ourense, caeu sobre a clínica dental que hai no baixo do edificio, entre as rúas Vicente Risco e Basilio Álvarez. 

Os bombeiros pensaron que ía aguantar, pero durante a noite colapsou e esnaquizou o establecemento, que xa estaba moi danado polas lapas. O persoal de extinción desprazárase ao lugar porque algunhas trabes seguían fumeando.

A clínica xa quedara moi danada polas lapas A clínica xa quedara moi danada polas lapas

Polo momento descoñécese a orixe do lume que se declarou sobre as 11:00 horas e queimou por completo o inmoble, presuntamente ocupado, segundo a declaración dalgúns veciños.

Para poder sufocar o incendio, foi necesario un importante despregamento de medios. Os servizos de emerxencia tiveron que levar a cabo varios rescates e trasladar ao hospital tres persoas con prognóstico leve.

Labores de arrefriamento

Este domingo algúns residentes puideron acceder de xeito puntual ás súas vivendas para recuperar obxectos persoais. O que atoparon foi un escenario dantesco.

Mentres, os bombeiros continuaban cos labores de arrefriamento. Aínda hai dous puntos quentes e mantense parcialmente restrinxido o tráfico na contorna. Técnicos e peritos revisan agora a estabilidade dunha estrutura que sufriu importantes danos.

A estrutura de madeira favoreceu a rápida propagación das lapas. A farmacia do edificio lindeiro segue sen actividade e non recuperará a subministración eléctrica, como mínimo, ata o mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade