Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous restaurantes das Rías Baixas, entre os 10 mellores de España para xantar a pé de praia

Dous restaurantes das Rías Baixas, entre os 10 mellores de España para xantar a pé de praia

Os 10 mellores restauranes de España na praia é unha lista confeccionada pola Guía Michelin

O Loxe Mareiro do Carril e o Meloxeira do Grove entran este ano na selección

Cociña tradicional, de calidade e mirando ao mar
G24.gal 25/05/2026 11:55

É unha selección realizada polos inspectores Michelin. A proposta ofrece un percorrido polos dez mellores restaurantes de España situados á beira do mar e entre eles escolleron dous galegos, os dous asomados á ría de Arousa. O Loxe Mareiro, no corazón do Carril, é unha pequena casa de comidas enriba do mar. 

"Nós facemos o que toca, cociñamos a paisaxe, temos unha frase nas nosas cociñas que dicimos só cociñamos o que a nosa vista alcanza. É unha cociña delicada, hai grella, hai moito cariño e moita cociña da tradición", explica Iago Pazos, cociñeiro do Loxe Mareiro do Carril.

No Loxe Mareiro, a experiencia gastronómica empeza e se os clientes queren tamén remata no mar. O mesmo mar que acariña o Meloxeira coas illas Ons como pano de fondo. Situado a pé da praia grovense de Area da Cruz, este restaurante foi nas súas orixes un bar de praia. Agora reinterpretado mestura tradición mariñeira e cociña de mercado. Os comedores abertos ao horizonte provocan que paisaxe e gastronomía se fundan con naturalidade.

"O que manda a lonxa é o que nos pauta a nós o que imos ter, peixe do día, marisco, as carnes por complementar tamén un pouquiño, aínda que estamos a pé de praia e sobre todo arroces e máis a fideuá, algo que non é tan galego pero que o fixemos moi Meloxeira, moi noso", engade Víctor Vidal, sommelier do Meloxeira do Grove.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade