Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven, co verán, as reservas pantasma nos restaurantes mariñaos

Volven, co verán, as reservas pantasma nos restaurantes mariñaos

Un local burelao denuncia que faltaron nun só día cinco grupos de comensais, e un deles reservara á mesma hora noutros dous negocios

As mesas do restaurante contan con vistas ao porto de Burela
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 15/07/2026 13:55

O restaurante A Lonxa de Burela bateu, ao seu pesar, a súa propia marca de reservas pantasma. Nun só día, faltáronlle ata cinco grupos de comensais sen previo aviso. E, por se fose pouco, un deles tiña tamén gardada unha mesa noutros dous locais da Mariña, un de Foz e outro de Ribadeo. 

"Nas do mediodía recupérase a mesa porque vén moita xente de paso, pero nas da noite é máis complicado. Co programa que temos de xestión, cando un cliente reserva noutros restaurantes co mesmo programa sáltanos unha alerta, e un dos clientes que faltou o sábado reservara noutros locais", afirma José Luis Pita, xerente do establecemento.  

A raíz do acontecido, no restaurante burelao estudan agora o cobro dunha fianza coa reserva. Trataríase de evitar este tipo de prácticas que tanto prexudican o seu negocio.

"Estamos valorando pedir a tarxeta como garantía de asistencia, cun importe simbólico dependendo do caso, que pode ir dos 5 aos 40 euros. O que pasa é que temos clientes remisos a deixar a tarxeta, pero hoxe en día ao final págase nas grandes plataformas por Internet desa forma e non hai problema. É algo que estudamos poñer en funcionamento nas semanas vindeiras", sinala o hostaleiro. 

Non sería o primeiro restaurante mariñao en cobrar unha fianza pola reserva. Noutro de Ribadeo comezaron a facelo e xa non volveu quedar ningunha mesa baleira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade