Retómase a busca do home desaparecido en Ortigueira
A orografía do terreo e o mal tempo condicionaron durante boa parte do día os labores de busca
O rastrexo centrouse no monte de Rande, na contorna do lugar onde apareceu o coche do octoxenario
A chuvia e a néboa non deron tregua durante as primeiras horas do dispositivo, complicaron o traballo do dron da Axencia Galega de Emerxencias que se incorporou á busca do veciño do Viso, un home de oitenta e catro anos que coñece ben o monte de Rande.
"É unha zona moi agreste , moi complicada. Hi canteira, hai monte, barrancos. É dificil", comenta Jorge Ramil do GES de Ortigueira.
Varios cans de rescate da Garda Civi sumáronse tamén ao operativo, centrado nas proximidades do lugar onde apareceu o coche do octoxenario, preto da canteira de lousa e do parque eólico. A familia denunciou a desaparición na tarde do venres, pero ninguén sabe del desde o martes.
"A busca comezou onte. Foi a panadeira quen deu aviso á familia ao ver que non recollera o pan", engade Jorge Ramil.
Durante a tarde, xa con mellores condicións meteorolóxicas, a busca continuou sen éxito. O dispositivo reactivouse este domingo.