Cargando resultados...
Falece un concelleiro de Irixoa por picaduras de velutinas
Ramón José Dopico Martínez, de 76 anos e membro do PP, faleceu mentres rozaba nunha leira no municipio de Curtis

G24.gal
16/10/2025 21:24
O concelleiro do Partido Popular de Irixoa, Ramón José Dopico Martínez, faleceu despois de sufrir varias picaduras de velutinas mentres rozaba nunha finca situada en Teixeiro, no municipio de Curtis.
O edil, de 76 anos, foi despedido este xoves na parroquia de San Lourenzo de Irixoa.
Faleceu o mércores tras ser atacado polas velutinas durante os traballos de limpeza da leira.
A pesar da rápida mobilización dos servizos sanitarios, non se puido facer nada por salvarlle a vida.