Publicador de contidos

Publicador de contidos

A gala do 40 aniversario da TVG 'Día G: onde estás ti' lidera o 'prime time' do 25 de xullo

A gala do 40 aniversario da TVG 'Día G: onde estás ti' lidera o 'prime time' do 25 de xullo

A Galega supera a todas as súas competidoras cunha cota de pantalla do 11,7 %, durante a franxa de maior consumo televisivo, no prime time 

O 25 de xullo a TVG foi líder, cunha cota de pantalla do 13,4 %, superando en 3,5 puntos a Tele 5, que tivo o 9,9 %, ou seu competidor máis próximo

A emisión da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago durante a mañá tamén foi líder en audiencia durante a emisión matinal

Imaxe do final da gala do 40 aniversario da TVG Imaxe do final da gala do 40 aniversario da TVG
G24.gal 26/07/2025 11:24

A Televisión de Galicia consolida unha vez máis ou seu liderado no prime time, a franxa de maior consumo televisivo, na xornada festiva do 25 de xullo, e supera a todas as súas competidoras cunha cota de pantalla do 11,7 %.
 
O programa especial da gala do 40 Aniversario da TVG, Día G: onde estás tidestacou como o contido audiovisual que máis galegos congregou diante de calquera pantalla ao longo da xornada. En total, 266.000 persoas conectaron co programa, o que representa o 10,1 % da poboación galega de 4 ou máis anos. Durante a súa emisión a TVG foi líder, cunha cota de pantalla do 13,4 %, superando en 3,5 puntos a Tele 5 (9,9 %), o seu competidor máis próximo. O pico de audiencia da TVG na xornada acadouse ás 23:42 cunha cota do 18,9 %.
 
Na emisión do 25 de xullo tamén foi moi destacada a emisión da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago durante a mañá. A TVG foi líder durante a súa retransmisión cunha cota do 16,2 %.

No total da xornada do 25 de xullo, as canles da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) chegaron a 476.000 persoas, o que representa ou 18,1 % da poboación galega maior de 4 anos.
 

Acto de entrega das Medallas de Galicia 2025, este 25 de xullo Acto de entrega das Medallas de Galicia 2025, este 25 de xullo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade