Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a un profesor de autoescola de Santiago por impartir clases prácticas sen o certificado necesario

Investigan a un profesor de autoescola de Santiago por impartir clases prácticas sen o certificado necesario

A comisión deste tipo de infraccións pode conlevar á imposición de sancións económicas de ata 3.000 euros, segundo lembra a Garda Civil

G24.gal 19/09/2025 10:43

A Garda Civil denuncia a un profesor de autoescola de Santiago de Compostela por impartir clases prácticas para a obtención do permiso de conducir da clase C para camións a pesar de carecer do correspondente certificado de aptitude necesario para tal fin.

Tal como informa a Benemérita nun comunicado, foi grazas á colaboración cidadá como os axentes tiveron coñecemento da posible existencia de persoas que exercían a función docente en autoescolas sen a habilitación obrigatoria.

A partir de aí, comezou a investigación, que culminou o pasado 10 de setembro coa inspección dun vehículo pesado propiedade dunha autoescola santiaguesa, confirmándose que a persoa que estaba a impartir as clases prácticas carecía de título.

A comisión deste tipo de infraccións pode conlevar á imposición de sancións económicas de ata 3.000 euros, segundo lembra a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade