Sofía e Mateo, os nomes máis frecuentes de nenas e nenos nados en Galicia en 2024
A lista apunta que en Galicia os cinco nomes máis empregados no caso dos nenos foron Mateo, Martín, Leo, Hugo e Lucas, mentres que para as nenas foron Sofía, Vega, Noa, Martina e Olivia
Do mesmo xeito que en 2023, Mateo foi o nome máis empregado para os nenos nados en 2024, mentres que para nenas a opción máis elixida o pasado ano foi Sofía, en lugar de Noa, que encabezara a lista o ano anterior.
Así o sinala este venres o informe do Instituto Galego de Estatística sobre os nomes dos neonatos galegos correspondentes ao ano 2024 no que ordenan cincuenta nomes de maior a menor frecuencia. A lista apunta que en Galicia os cinco máis empregados no caso dos nenos foron Mateo, Martín, Leo, Hugo e Lucas, mentres que para as nenas foron Sofía, Vega, Noa, Martina e Olivia.