Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago e Lugo xa están oficialmente entre as grandes cidades

Santiago e Lugo xa están oficialmente entre as grandes cidades

As dúas superan a barreira dos 100.000 habitantes de xeito oficial segundo o Censo Anual de Poboación 

A Coruña supera os 250.000 habitantes, a cifra máis alta en décadas

Somos case 9.000 residentes máis en Galicia, e moito é polo impulso dos estranxeiros, xa que o saldo vexetativo segue sendo negativo

Fito histórico en Lugo e Santiago grazas, sobre todo, á poboación estranxeira
G24.gal 03/12/2025 14:57

O INE acaba de publicar o Censo Anual de Poboación que corresponde aos datos de 1 de xaneiro de 2025, e Galicia encadea outro ano máis á alza. Somos case 9.000 residentes máis e moito é polo impulso dos estranxeiros, xa que o saldo vexetativo segue sendo negativo.

 "É algo bo porque nos están recibindo de maneira acolledora", opina unha rapaza emigrante.

"Que veñan, que é riqueza, que é o fundamental", apunta un señor.

A Coruña supera os 250.000 habitantes a cifra máis alta en décadas.

"Hai bo traballo e boas expectativas de traballo", conta un veciño da Coruña.

En xeral todas as cidades galegas están na senda do crecemento demográfico. Narón e Ferrol lideran a suba en toda a súa comarca. Pero onde as cifras do INE marcaron un fito histórico foi en Lugo e Santiago. Por primeira vez superan de xeito oficial a barreira dos 100.000 habitantes.

"Ao mellor vés aquí de paso de viaxe, ou vés peregrinando e atopas aquí no camiño e moita xente namora de Santiago e queda aquí". 

 "Se repercute na cidadanía activamente pois é algo positivo".

"A cifra de cen mil supón un punto de inflexión moi importante porque vai incidir na distribución dos fondos estatais e logo tamén se posicionan moi ben para a chegada de fondos europeos ", explica María José Piñeira, profesora titular do departamento de Xeografía da USC.

Tamén son cidades máis atractivas para o asentamento empresarial.

 "Porque lles permite pois ter máis servizos, obviamente, saben que as mobilidades e infraestruturas tamén van estar mellor", engade a profesora.

Oportunidades económicas, empresariais pero tamén culturais

 "Pois novos concertos, novos artistas, exposicións... eu penso que os vai favorecer moito", conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade